Una ano máis, da man dos alumnos do Colexio Esclavas do Sagrado Corazón da Coruña, seguimos coa aposta pola divulgación do patrimonio natural entre os máis novos. Aprenderemos a recoñecer e respectar a diversidade biolóxica existente, identificando tamén as diferentes problemáticas ambientais presentes ao redor nosa.

Desta volta visitaremos de novo un dos espazos naturais máis emblemáticos, a contorna da Torre de Hércules, que segue o seu camiño para declararse como Espazo Natural de Interese Local.

Agardamos que estas iniciativas continúen favorecendo futuras xeracións de grandes naturalistas!