O Grupo Naturalista Hábitat ven de asinar novamente un convenio de colaboración con “Integra Coruña” para acoller nesta ocasión dous participantes no programa Erasmus +, programa de prácticas formativas para impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas, dende o 14 de febreiro e ata o vindeiro 7 de marzo do 2019.

Durante a súa estancia connosco, os que xa son novos compañeiros de Hábitat, axudarán e participarán en diferentes iniciativas de Hábitat, de xeito que poderán ver como funciona unha entidade sen ánimo de lucro que traballa pola conservación, estudo e divulgación do Patrimonio Natural galego.

Agardamos que a súa estancia connosco sexa de proveito…benvid@s Asia e Giuseppe!