O vindeiro venres 15 de febreiro ás 20:30h terá lugar o Acto de entrega de premios do VI Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “A Fraga Encantada do Encoro”. Iniciativa desenvolvida polo G.N.Hábitat da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), e que neste ano conta coa colaboración da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O evento,  que terá carácter público e gratuíto, celebrarase na sala de exposicións de Emalcsa -Edificio Casa da Auga- (rúa Manuel Murguía s/n, planta baixa. Ver mapa),  cunhas prazas limitadas segundo o espazo dispoñible nas instalacións.

No acto, ao que acudirán representantes de diferentes institucións, farase entrega a todos os gañadores recoñecidos nesta convocatoria dos agasallos e diplomas previstos nas bases reguladoras do certame.

Consulta os gañadores

 

Se non o tedes feito xa, animádevos a visitar as instalacións de Emalcsa, onde poderedes gozar xa da exposición pública das 194 obras de nenos e maiores achegadas nesta convocatoria. Un fermoso homenaxe á natureza a través do debuxo que non vos podedes perder.

Agardámosvos o venres!


Promove:                                           Colabora: