Remata outro ano. O 2018 foi un gran ano, cheo de bos recordos e lembranzas, rodeados de todos vós, que nos acompañades actividade tras actividade, sempre dando folgos para seguir traballando en prol da divulgación e protección do medio natural galego.

Este ano, coa inestimable axuda dos nosos socios e colaboradores, para os que so temos palabras de gratitude, e con moito traballo, ilusión e dedicación, conseguimos sacar adiante 87 actividades que ofrecervos: os nosos Encontros Naturalistas mensuais, Actividades exclusivas para os nosos socios, Escolas de naturalistas, Maratóns ornitolóxicos, Certame de debuxo, Roteiros interpretativos, Xornadas de voluntariado ambiental, Charlas e conferencias, Actividades divulgativas en centros de ensino, Xornadas de apoio a Responsabilidade Social Corporativa, feiras de carácter medioambiental…

Contando sempre con vós, as máis de 3000 persoas que convertéchedes cada iniciativa nun novo éxito de acollida e asistencia. Non nos queda máis que mostrarvos o noso agradecemento.

 

Na nosa parcela de estudo, estivemos implicados en multitude de proxectos como o da Custodia da Píllara das dunas, Lucanus Cervus, Proxecto Noucho, Informe da biodiversidade de diversos espazos da nosa contorna, Proxecto biodiversidade do Monte da fraga da man da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC), censos de ornitolóxicos, Especie do ano da rbMCeTM, etc…

Este ano, por vez primeira,  asinamos un convenio de colaboración con “Integra Coruña” e contamos coa axuda dun participante do programa Erasmus+, que compartiu con nós os meses de verán. Ademais continuamos có convenio de colaboración coa CEMMA, Emalcsa ou A Fundación, entre outras, e a participación no Proxecto Libera (Ecoembes-SEO/BirdLife) na limpeza de residuos. Destacar o convenio de custodia e voluntariado co Concello da Coruña, que nos permitiu traballar e extraer máis de 100m3 de Carpobrotus edulis, unha especie exótica, na contorna da Torre de Hércules e Punta Herminia.

Realizamos 10 procesos de asesoramento ou denuncia ambiental, sempre intentando aunar esforzos, en prol da protección do medio natural, nos que tamén apoidamos a outras entidades amigas colaborando no desenrolo das súas propias iniciativas.

Este vindeiro 2019 seguiremos medrando grazas a ilusión e dedicación de todos os que formamos esta gran familia, unida pola mesma paixón que é o naturalismo. Esperámovos de novo!!

Grazas a todos por compartir este ano con nós!!

Saúde e Natureza para o 2019!!

2018-12-30T22:20:33+00:0030 Decembro 2018|0 Comments

Leave A Comment