O G.N. Hábitat participa nunha iniciativa cos alumnos do Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social (CESIS), promovido pola Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade e o Consello Social da Universidade da Coruña (UDC).

Baixo o marco desta colaboración, e ao longo dos próximos meses, un grupo de estudantes deste curso traballarán nun proxecto práctico que nos axudará a levar a cabo no futuro accións que optimizarán o desenvolvemento da nosa actividade, en consonancia cos obxectivos e fins da nosa entidade.

Dende o G.N. Hábitat queremos agradecer a todo o equipo da Cátedra de Sostenibilidad Inditex-UDC a oportunidade de colaborar cun grupo formativo que, de seguro, aportará experiencias de gran valor para a nosa asociación.