O pasado venres 15 de febreiro ás 20:30h tivo lugar o Acto de entrega de premios do VI Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “A Fraga Encantada do Encoro”. Iniciativa desenvolvida polo G.N.Hábitat da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), e que neste ano conta coa colaboración da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Aquí vos deixamos o video da entrega de premios onde representantes de diferentes institucións, fixeron entrega a todos os gañadores recoñecidos nesta convocatoria dos agasallos e diplomas.

 

Se non o tedes feito xa, animádevos a visitar as instalacións de Emalcsa, onde poderedes gozar da exposición pública das 194 obras de nenos e maiores achegadas nesta convocatoria. Un fermoso homenaxe á natureza a través do debuxo que non vos podedes perder.

Grazas a todos por participar outro ano máis!


     Promove:                                    Colabora: