Comprácenos comunicarvos que xa está dispoñible o calendario 2019 do G.N.Hábitat, que xorde como resultado das obras participantes na VI convocatoria do Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre, bautizada baixo o subtítulo de “A Fraga Encantada do Encoro”.

Dende Hábitat, comprometidos coa divulgación ambiental, queremos facer novamente que esta publicación sexa accesible a todo aquel que a queira ter, podendo gozar das ilustracións e textos que a compoñen, polo que poñemos a disposición de todos os interesados a posibilidade da súa descarga gratuita (formato .pdf) dende a seguinte ligazón:

Descarga do calendario 2019

 

 

Estamos a traballar na preparación da exposición pública de todas as obras achegadas nesta convocatoria (194 ilustracións), agardando que proximamente poda estar aberta ao público na sala de exposicións de Emalcsa (rúa Manuel Murguía, s/n. Edificio Casa del Agua, planta baixa. 15011, A Coruña). Unha vez lista, comunicaremos a súa apertura na nosa web e redes sociais, así como de xeito directo a todos os participantes no certame. Así mesmo, como todos os anos traballamos tamén na organización do acto de entrega de premios, cuxa data definitiva será tamén anunciada polas canles de comunicación citadas anteriormente.

O debuxo como ferramenta para a implicación cidadá no contacto coa súa contorna natural. Esta é a finalidade principal do Certame de Debuxo da Natureza, que un ano máis vimos de organizar dende o Grupo Naturalista Hábitat da man de Emalcsa.

Moitas grazas a todos os participantes!

Colabora:                                        Colabora:

2018-12-18T17:59:02+00:0018 Decembro 2018|2 Comments

2 Comments

  1. Montse Carballeira 18 Decembro, 2018 at 19:02 - Reply

    Buenas tardes, ¿hay ejemplares impresos a la venta?

    • juanda 18 Decembro, 2018 at 20:56 - Reply

      Hola Montse. Agradecemos tu interés, pero siento decirte que, aunque tenemos ejemplares impresos, no los tenemos a la venta. Disponemos de un número muy limitado y tienen como destinatarios a los socios de Hábitat y los ganadores del certamen de dibujo.
      Saludos.

Leave A Comment