O vindeiro sábado 2 de febreiro do 2019 celébrase o Día Mundial das Zonas Húmidas e dende o G. N. Hábitat colaboraremos coa iniciativa levada a cabo por Senda Nova, “Os Días de Achegamento aos Humidais de Bergantiños”, que se desenvolverán os días 3 e 9 de febreiro en dúas xornadas de achegamento a zonas húmidas da comarca.
O G.N. Hábitat colaborará na xornada do domingo 3 de febreiro na saída ao espazo natural de Baldaio, no que poderemos desfrutar dun entorno privilexiado para a observación de aves, sobre todo, nesta época do ano.
Se estás interesado en participar nalgunha destas xornadas, podes ver toda a información sobre elas e como inscribirte na seguinte ligazón a web de Senda Nova.
NOTA: Os socios do G.N. Hábitat gozarán dos mesmos descontos que os indicados para os socios de Senda Nova.
Dúbidas e comentarios en asociacion@sendanova.org│611 037 614
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment