Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), impulsora da iniciativa, cos apoios de Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Grupo Local SEO-Pontevedra, Asociación Verdegaia, Asociación Ecoloxista Anduxía, Asociación Amigos da Terra, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Grupo Naturalista Hábitat, vimos de solicitar á Dirección Xeral de Patrimonio Natural a non autorización do proxecto de construción dunha tirolina entre ambas marxes do rio Sil, na Ribeira Sacra.
As oito entidades conservacionistas galegas presentamos recentemente un escrito ante a Consellería de Medio Ambiente (Xunta de Galicia), no que informamos dos valores ornitolóxicos da zona en que se pretende levar a cabo o citado proxecto, e solicitando se avalíe o impacto dunha actuación deste tipo e se informe en consonancia ás Deputacións de Ourense e Lugo do inadecuado de dito proxecto, e en consonancia non se autorice tal actuación.
Por outra parte, a recente declaración dunha ampla zona da Ribeira Sacra como zona BIC (Ben de Interese Cultural) por parte da Xunta de Galicia, a fin de impulsar a súa integración na Lista de Patrimonio Mundial e a declaración como Reserva da Biosfera, amosan un gran contrasentido e total incompatibilidade coa instalación dunha tiroliña entre ambas marxes do río Sil, ao supoñer unha degradación visual e paisaxística da Ribeira Sacra, poñendo en perigo dita inclusión nestes programas da UNESCO.
Achegamos o escrito conforme as demandas enviadas á Dirección Xeral de Patrimonio Natural (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio), Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), e Deputacións de Lugo e Ourense.
Algunhas novas na prensa:
- Proyectan instalar en el cañón del Sil la segunda tirolina más larga de Europa (La Voz de Galicia, 16-10-2018)
- Ocho asociaciones ecologistas se posicionan contra la tirolina del Sil (La Voz de Galicia, 08-10-2019)
-
Ocho entidades conservacionistas galegas en contra de la instalación de la tirolina en el cañón del Sil (Diario de Lemos, 08-01-2019)
- La tirolina es incompatible con la nueva protección del cañón del Sil (La Voz de Galicia, 08-10-2019)
- La tirolina del Sil queda aparcada hasta que se pronuncie la Unesco (La Voz de Galicia, 09-10-2019)

Leave A Comment