Comprácenos anunciar a exposición pública de todas as obras presentadas no VI Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “A Fraga Encantada do Encoro”, organizado polo Grupo Naturalista Hábitat da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), e que neste ano conta coa colaboración da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A partir do xoves 24 de xaneiro, todo interesado poderá achegarse e gozar das 194 ilustracións de nenos e adultos de todas as idades, que un ano máis nos sorprenden coas súas dotes artísticas, demostrándonos como o debuxo supón unha estupenda ferramenta para promover o coñecemento e a implicación cidadá coa natureza que nos rodea.

A mostra será instalada na sala de exposicións da Casa da Auga (rúa Manuel Murguía s/n, planta baixa. 15011, A Coruña), e poderá ser visitada libremente no mesmo horario de apertura das instalacións:

Luns a venres de 07:30 a 23 h.

Sábados de 9:30 a 22 h.

Domingos/festivos de 9:30 a 21 h.

Achégate a esta exposición sobre natureza!!

Máis información:

Gañadores do VI Certame de Debuxo

 

Calendario 2019 do G.N.Hábitat

 

(dispoñible para libre descarga en pdf).


Promove:                                   Colabora: