O pasado domingo 09 de decembro celebramos novamente o CoruñAves: X maratón ornitolóxica no Concello da Coruña. Como todos os anos resultou unha fermosa xornada en contacto coa natureza, na que nos acompañou a meteoroloxía cunha maña agradable e soleada, pero sobre todo grazas a os 23 participantes que compartiron connosco a paixón polas aves.

Divididos en 5 equipos, acadaronse un total de 61 especies de aves observadas nas pouco máis de 3 horas de competición, sen saír do concello da Coruña. Estas cifras refrendan de novo a riqueza ornitolóxica da nosa contorna, facendo desta actividade unha ledicia para expertos e afeizoados ás aves.

Achegamos a continuación a listaxe de especies detectadas na xornada polos diferentes equipos:

Aves observadas no X maratón ornitolóxico CoruñAves

 

Á listaxe anterior súmanse a subespecie Lavandeira enlutada –Motacilla alba yarrelli-.

Dende Hábitat dámoslle a noraboa ao equipo gañador, e o noso máis sincero agradecemento a todos os participantes que viñeron connosco, por facer posible unha xornada tan apaixoante como fermosa… Agardámosvos na seguinte actividade!

2018-12-12T21:27:14+00:0012 Decembro 2018|0 Comments

Leave A Comment