Presentación de PowerPoint

Logo dunha longa andaina, a IV Escola de Naturalistas vai chegando ao seu peche… Moitos meses en boa compañía gozando da natureza e aprendendo sobre os diferentes eidos do naturalismo, da man de diversos e avezados expertos, agora xa compañeiros, aos que xunto cos alumnos desta promoción sempre lle estaremos agradecidos.

É tempo agora dunha das actividades máis entretidas: o BioBlitz….pero seguro que moitos de vós preguntarédesvos, que é isto? Pois ben, un BioBlit é un estudo intensivo de campo que se desenvolve nun período curto de tempo, durante o cal se explora a diversidade biolóxica dunha determinada área para rexistrar e identificar o maior número de especies posible, da man de expertos. Isto faise ben identificando algunhas das especies no campo, pero tamén fotografando todos os seres vivos (fauna e flora) e rastros detectados para a súa posterior identificación. Este BioBlitz permitiranos obter unha ampla información sobre a biodiversidade presente no espazo estudado, aproveitando para poñer en valor a súa riqueza e analizar os riscos existentes.

De seguro vai ser unha estupenda xornada!

Aproveitamos para lembrarvos que ata o vindeiro luns 14 de novembro temos aberto o prazo de inscrición na que será a V promoción da nosa Escola de Naturalistas. Só quedan 3 días, aproveitade! Toda a información e inscricións dende a seguinte ligazón: acceso á noticia

Se queres coñecer máis sobre esta actividade, visita o blog da Escola de Naturalistas

Xa sabes, se queres aprender e gozar coa natureza…NaturAlístate!!