O vindeiro domingo continuaremos facendo o que máis nos gusta: poñer en valor, gozar e dar a coñecer a riqueza biolóxica presente na nosa contorna. Desta volta iremos da man dos compañeiros do Grupo Scout Nyeri, que reune xente de todas as idades cun compromiso de respecto pola natureza xa integrado nos propios valores da entidade.
De seguro será unha xornada na que uns e outros aprenderemos xuntos, compartindo experiencias, coñecementos e inquedanzas en prol do medio ambiente. Sempre é un pracer gozar da natureza en boa compañía!

Estupendísima xornada, moi interesante no tocante a coñecer todo o que nos rodea e os porques das cousas.
Unha actividade moi recomendable para todas as idades e para familias. Unha actividade desenvolvida con moitos monitores especializados e medios técnicos fixeron que os participantes do noso grupo voltaran a casa con máis ganas de roteiros.
Saúdos do GS Nyeri
Moitas grazas polas vosas palabras compañeiros! Ogallá este sea o comezo de moitas máis actividades en común. Apertas