Semana da Luz 2025: Aves que veñen e que van.
Semana da Luz 2025: Celebrando a Candeloria Este é o terceiro ano que celebramos a Semana da Luz, unha iniciativa que conmemora o Día da Candeloria, o 2 de febreiro. Esta festividade ten as súas raíces en ritos pagáns relacionados coa luz, a fertilidade e os ciclos da natureza. A Orixe da Candeloria Os cultos pagáns romanos e celtas eran parte fundamental desta data. Nas Lupercais romanas, celebrábanse procesións nocturnas con candeas acendidas para honrar o lume, símbolo de protección [...]
Anfibios de Carral con Brexa
Este sábado, 25 de xaneiro do 2025, de 20:30 a 22:30h aproveitaremos as chuvias para observar as especies de anfibios que habitan nunha das parcelas en Carral, que custodia Brexa, Asociación de Custodia do Territorio. Terán preferencia o alumnado da XII Escola de Naturalistas e os nosos socios e socias e os de Brexa. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado: Formulario de inscrición As prazas [...]
Monitorización dos atropelos de anfibios no encoro de Abegondo-Cecebre coa Universidade da Coruña con Aprendizaxe e Servizo.
No Grupo Naturalista Hábitat, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, levamos a cabo un proxecto de monitorización para estudar os atropelos de anfibios na Zona de Especial Conservación (ZEC) Encoro de Abegondo-Cecebre. Esta iniciativa involucra ao alumnado do Grao en Bioloxía mediante a metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo, a través da materia de Etoloxía. Os traballos iniciáronse en 2022 e céntranse en catro transectos que percorren diferentes zonas próximas ao encoro, que foi construído en 1975 para [...]
Aves do Ouro
Este sábado, 14 de decembro do 2024, estaremos en Alfoz (Lugo) para aprender das aves que podemos observar nesta zona no inverno. Nesta actividade iremos da man de Golden Valley - Galicia Verde, unha iniciativa para a posta en valor do medio natural e cultural do val do río Ouro. Esta actividade representa o primeiro paso dun compromiso máis amplo coa conservación e posta en valor desta zona, caracterizada polos seus valores ambientais únicos. O noso obxectivo é divulgar a [...]
Encontros Naturalistas: Aves de Santiago de Compostela
Sabedes que nos encanta recibir as vosas propostas de actividades! Desta vez, atendendo ás vosas peticións, organizamos un novo Encontros Naturalistas: un paseo por Santiago de Compostela para a observación de aves. Durante este percorrido por parques da cidade, aprenderemos a identificar as especies de aves máis comúns na capital compostelá e descubriremos como conviven co entorno urbano. Será unha oportunidade perfecta para coñecer máis sobre a biodiversidade da cidade, desfrutar da natureza e compartir unha experiencia única entre amantes [...]
Adestramento en aves para a Maratón ornitolóxica CoruñAves 2024
Prepara as túas botas de campo e os prismáticos: a XV Maratón Ornitolóxica CoruñAves está á volta da esquina! Este ano, queremos que cheguedes ao gran día, o 22 de decembro de 2024, coas mellores marcas, na mellor forma posible e co mellor equipo para afrontar esta emocionante carreira ornitolóxica que celebramos cada ano no concello da Coruña. Porque unha maratón precisa adestramento, esforzo e estratexia! Por iso, deseñamos un programa de preparación específico para que poidades coñecer ao [...]
Aberto o prazo de inscrición para a VI promoción da Escola de Naturalistas
Comprácenos comunicarvos que xa temos aberto o prazo de inscrición para a VI promoción da nosa Escola de Naturalistas! Escola de Naturalistas é unha actividade organizada polo G.N.Hábitat dende fai anos, única no ámbito da formación ambiental en Galicia, dirixida ao aprendizaxe e identificación dos elementos que compoñen a biodiversidade galega. Nela, ao longo dos diferentes bloques temáticos do curso impartidos por diversos expertos, afóndase de xeito teórico e práctico nas diferentes técnicas e áreas do naturalismo (botánica, ornitoloxía, mastozooloxía, [...]
V promoción Escola de Naturalistas. Bloque 11: Introdución á Entomoloxía
Cartel actividades Entomoloxía1 A V promoción de Escola de Naturalistas chega a seu fin, e que mellor que rematala achegándonos ó marabilloso e descoñecido mundo da entomoloxía. Este derradeiro bloque de contidos virá impartido polo compañeiro e colaborador do Grupo Naturalista Hábitat, Jorge A. Ramos: Biólogo e relator en diferentes Xornadas e Congresos Ibéricos de Entomoloxía; que xunto con Elia Pérez (Vogal de entomoloxía do G.N. Hábitat): Bióloga e experta en Lepidópteros, introducirannos neste extenso á par que [...]
V promoción Escola de Naturalistas. Bloque 10: Mesa de grandes naturalistas galegos
O vindeiro xoves 22 de xuño terá lugar un novo bloque da V promoción da Escola de Naturalistas, coa xa tradicional Mesa Redonda á que convidamos a grandes naturalistas e compañeiros para que nos falen das súas experiencias de campo, os seus inicios e outras historias relacionadas co medio natural. Un espazo de conversa, anécdotas e lembranzas co naturalismo como fío condutor. A xornada terá lugar ás 20:30h no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña), [...]
V promoción Escola de Naturalistas. Bloque 9: Bioblitz
Logo dunha longa andaina, a V promoción da Escola de Naturalistas vai chegando paseniño ao seu peche… Moitos meses en boa compañía gozando da natureza e aprendendo sobre os diferentes eidos do naturalismo da man de numerosos expertos, aos que sempre lle estaremos agradecidos, xunto cos alumnos desta última promoción, hoxe día xa compañeiros. É tempo agora dunha das actividades máis entretidas e completas: o BioBlitz….pero seguro que moitos de vós preguntarédesvos, que é isto? Pois ben, un BioBlitz é un estudo intensivo de [...]









