bicherias_2

Como xa saberedes, dende hai tempo Hábitat conta cun espazo radiofónico nomeado Galicia Salvaxe dentro do programa “Bicherías” presentado por Octavio Villazala, e que se emite os sábados de 13:00 a 14:00 h na Radio Galega. Nel, membros de Hábitat falamos sobre a fauna e flora que nos rodea, das actividades que desenvolveremos proximamente e, en xeral, de natureza.

Poderedes escoitar os programas en diferido dende a web de radio galega. De todos os xeitos, deixámosvos aquí a ligazón a algunha das noticias que temos publicada sobre a nosa colaboración co programa, e na que accederedes directamente a algún dos capítulos nos que temos intervido.

Non vos perdades a Hábitat nas ondas!