cartel-plazo-ampliado

Comprácenos comunicarvos que xa temos aberto o prazo de inscrición na V promoción da nosa Escola de Naturalistas!

Escola de Naturalistas é unha actividade organizada polo G.N.Hábitat dende fai anos, única no ámbito da formación ambiental en Galicia, dirixida ao aprendizaxe e identificación dos elementos que compoñen a biodiversidade Galega. Nela, ao longo dos diferentes bloques temáticos do curso impartidos por diversos expertos, afóndase de xeito teórico e práctico nas diferentes técnicas e áreas do naturalismo (botánica, ornitoloxía, mastozooloxía, entomoloxía, anelamento científico de aves, e moitas outras), consolidando así un programa que abrangue, en gran medida, os diferentes aspectos necesarios para un completo aprendizaxe no eido ambiental.

 

Para información máis detallada sobre esta actividade, consulta as bases dispoñibles na seguite ligazón:

Bases V promoción Escola de Naturalistas

Se estás interesado en participar, remítenos a túa solicitude antes das 14:00 horas do luns 21 de novembro de 2016 (data de peche de inscricións), enchendo e enviando debidamente o formulario de inscrición dispoñible na seguinte ligazón:

Acceso ao formulario de inscrición

Se che gusta a natureza e tes ganas de aprender un pouco máis sobre ela, esta é a túa oportunidade!

Prazas limitadas. Os participantes deberán ser maiores de idade. Cota de inscrición, 60 euros para socios do G.N.Hábitat e 95 euros para non socios. Diploma acreditativo de participación ao finalizar o curso.

Descarga o cartaz da IV promoción de Escola de Naturalistas:
Cartaz Escola 2016/2017 (formato pdf)

Coa colaboración de