Este sábado, 14 de decembro do 2024, estaremos en Alfoz (Lugo) para aprender das aves que podemos observar nesta zona no inverno. Nesta actividade iremos da man de Golden Valley – Galicia Verde, unha iniciativa para a posta en valor do medio natural e cultural do val do río Ouro. Esta actividade representa o primeiro paso dun compromiso máis amplo coa conservación e posta en valor desta zona, caracterizada polos seus valores ambientais únicos. O noso obxectivo é divulgar a biodiversidade local e fomentar o aprecio polo seu patrimonio natural.
As prazas son limitadas e de balde. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:
É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa. Todos os participantes recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Pronto anunciaremos novas accións na comarca, consolidando a nosa aposta pola preservación e a divulgación ambiental en Lugo. Non deixes pasar a oportunidade de coñecer esta marabillosa zona e as súas fascinantes aves!

Leave A Comment