Segue a nosa colaboración no programa Bicherías (Radio Galega)
Como xa saberedes, dende hai tempo Hábitat conta cun espazo radiofónico nomeado Galicia Salvaxe dentro do programa "Bicherías" presentado por Octavio Villazala, e que se emite os sábados de 13:00 a 14:00 h na Radio Galega. [...]
Xornada de divulgación ambiental co Grupo Scout Nyeri
O vindeiro domingo continuaremos facendo o que máis nos gusta: poñer en valor, gozar e dar a coñecer a riqueza biolóxica presente na nosa contorna. Desta volta iremos da man dos compañeiros do Grupo Scout [...]
Novo éxito de participación no noso Certame de Debuxo da Natureza!
Un ano máis, nenos e maiores de todas as idades e procedencias veñen de achegarse á natureza a través do debuxo, colaborando novamente connosco e mostrándonos as súas capacidades artísticas, logo de participar na que xa [...]
A nosa Lotería de Nadal, xa á venda!
Un ano máis, dende Hábitat vimos de preparar as participacións de lotería de nadal co número 01979, ao que ano tras anos xogamos logo de reprensentar o ano en que se formou esta entidade. Cada participación ten [...]
Xornada de voluntariado ambiental con Cooperación Internacional
O vindeiro venres 4 de novembro o G.N.Hábitat, da man novamente dos compañeiros de Cooperación Internacional, desenvolveremos unha nova xornada de voluntariado coa posta en marcha dunha acción ambiental na marxe costeira coruñesa. A xornada [...]
Encontros Naturalistas_novembro 2016: Roteiro interpretativo polo Parque de Bens
Como xa saberedes o G.N.Hábitat, así como moitos outros colectivos e particulares, ven de sumarse dende o comezo ao proceso participativo posto en marcha polo Concello da Coruña para aportar a súa visión sobre os usos [...]
Limpeza colectiva da praia de Bastiagueiro
O vindeiro domingo día 30 de outubro ás 16:30, o G.N. Hábitat colaborará nunha xornada de limpeza colectiva da praia de Bastigueiro, da man de diferentes entidades: Mar de Fábula, Ledicia, Retoque Retro, Prestgaard/Andersen e Concello de [...]
Hábitat participa en EcoGalia: salón ecolóxico de Galicia
Dende Hábitat comprácenos comunicarvos que os vindeiros días 21, 22 e 23 de outubro estaremos no salón ecolóxico EcoGalia, que nesta segunda edición se celebrará nas instalacións de ExpoCoruña, sendo un punto de encontro [...]
Hábitat colabora no Día Solidario das Empresas
O vindeiro sábado 22 de outubro colaboraremos na celebración do Día Solidario das Empresas cunha xornada en prol da divulgación e conservación ambiental na contorna da nosa cidade. Este evento, promovido pola ONG Cooperación Internacional e Atresmedia, [...]
Ampliado o prazo do IV Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”: parellas naturais
Un ano máis, o Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), comprácese en organizar o IV CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”. Nesta [...]
Memorial 200 anos de Juan Lembeye: as aves de Cuba
O Grupo Naturalista Hábitat co-organiza, xunto coa delegación ferrolá da Sociedade Galega de Historia Natural, a Asociación Irmáns Suárez Picallo e a Sociedade Galega de Ornitoloxía, unhas xornadas en homenaxe a Juan Lembeye e Lartaud [...]
Encontros Naturalistas_Outubro 2016: Achégate ás aves!
O vindeiro sábado 8 de outubro, de 10a 14h, ven connosco e Achégate ás aves! Dende o G.N.Hábitat queremos conmemorar o Día Mundial das Aves nunha xornada máis dos nosos Encontros Naturalistas. Así, nesta ocasión desenvolveremos dúas [...]
Alegacións do G.N.Hábitat á 1ª Revisión do Plan Forestal de Galicia
O G.N.Hábitat, preocupado de xeito especial pola proliferación nos últimos anos do eucalipto en Galicia, e logo da análise da información contida na primeira revisión do Plan Forestal de Galicia (PFG), con código 1839/2016 (expediente 2016AAE1933) [...]
Encontros Naturalistas_Setembro 2016: Xornada Micolóxica
Dende Hábitat celebramos a chegada da tempada dos cogomelos cunha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas. Nesta ocasión, contaremos coa compañía de Saúl de la Peña Lastra, investigador do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola [...]
Proceso participativo sobre os usos do Parque de Bens (A Coruña)
O G.N.Hábitat, como entidade dedicada ao estudo, divulgación e conservación do patrimonio natural, radicada na Coruña e interesada na xestión dos espazos verdes desta cidade, ven de sumarse ao proceso participativo para aportar a súa [...]














