cartel

Hoxe, sábado 21 de xaneiro, o G.N. Hábitat levará a cabo unha actividade cos rapaces do Centro Xuvenil Abeiro, no marco da Xuntanza de grupos de catecumenado de Galicia, nunha iniciativa chamada “Cos pés na terra..”.

Nesta xornada farase un roteiro pola contorna da Torre de Hércules, marco incomparable para desfrutar da natureza na nosa cidade, mostrando ós participantes os valores ambientais da zona, aprendéndolles a empregar material óptico para a observación de aves e a recoñecer as moitas especies de animais e plantas que se observarán ao longo da xornada, facendo fincapé na necesaria conservación e protección deste espazo tan ameazado polas especies exóticas invasoras, que poñen en perigo o noso Patrimonio Natural.

Saúde e Natureza!