cartel-difusion

A Mesa Sectorial de Asociacións e Colectivos Medioambientais e Mozos do GDR Mariñas-Betanzos (da que o Grupo Naturalista Hábitat forma parte), entidade xestora da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, expresa o seu malestar por dous proxectos que afectan negativamente ao patrimonio natural da Reserva:

Concello de Betanzos: o paseo fluvial proposto até Os Caneiros presenta varios aspectos que lesionan gravemente o patrimonio natural e paisaxístico do espazo natural protexido ZEC Betanzos-Mandeo, integrado na Rede Natura e que forma parte das zonas núcleo e tampón da Reserva de Biosfera. Máis información na seguinte ligazón.

Concello de Aranga: segundo o publicado en prensa, o Concello considera desclasificar unha superficie de 1.300 hectáreas, de maneira que deixen de figurar no plan xeral como solo rústico de protección de espazos naturais. A zona a desclasificar alberga hábitats prioritarios.

Pódese ver información ampliada na nota de prensa enviada aos medios de comunicación: Nota de prensa.