carton-pluma-natura-2017

Prezados compañeiros, comprácenos anunciar que onte finalizou a montaxe para a exposición pública de todas as obras presentadas no IV Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “Parellas naturais”, organizado polo G.N.Hábitat en colaboración con Emalcsa. A partir de hoxe martes 24 de xaneiro xa poderedes ir a visitala, e gozar das 131 ilustracións de nenos e adultos de todas as idades, que un ano máis, sorprendéndonos coas súas dotes artísticas, veñen de demostrar como o debuxo supón unha estupenda ferramenta para promover a implicación cidadá no contacto coa natureza.

A exposición estará ubicada na planta baixa da Casa da Auga (rúa Manuel Murguía s/n, A Coruña), e poderá ser visitada libremente, sendo o horario o mesmo que o de apertura das instalacións, previsto de luns a venres de 07:30 a 23 h; sábados de 9:30 a 22 h; e domingos e festivos de 9:30 a 21 h.

Continuamos traballando na xestión do acto de entrega de premios. Próximamente publicaremos máis información ao respecto.

Animádevos a visitala!!

Máis información:

Gañadores do IV Certame de Debuxo

Calendario 2017 do G.N.Hábitat, froito das obras gañadoras no IV Certame de Debuxo (dispoñible para libre descarga en pdf).

Colabora:

emalcsa