plantilla_post-con-pegada-pptx-1

Ante a posibilidade de que se repita unha nova batida de lobo en Friol (Lugo) pedimos á Xunta que esa batida sexa denegada. A pasada fin de semana a Xunta autorizou unha batida de lobo sen estar contrastada a súa xustificación, que resultou un desastre pragado de irregularidades. Agora preténdese unha nova batida de lobo “ao non cumprirse o obxectivo da primeira”.

As medidas preventivas, as compensacións xustas por danos e lucro cesante efectuadas con celeridade, a concienciación social, a desactivación dos conflitos, a información obxectiva e a investigación do lobo deben ser os principios reitores na xestión e conservación do lobo fronte aos chamados “controis poboacionais”.

Podes asinar e consultar todo o texto da petición na seguinte ligazón:

Petición “Stop á nova batida de lobo en Friol”

Organizacións asinantes: ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza); GEAS (Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes); FEG (Federación Ecoloxista Galega); ASCEL (Asociación para la conservación y estudio del lobo ibérico) e Grupo Naturalista Hábitat.