cartel

O vindeiro mércores 25 de xaneiro a Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza a súa III xornada sobre ‘caixas niño’ na Facultade de Ciencias. A xornada comezará cunha charla no salón de actos da Facultade de Ciencias ás 15h30, onde se falará dos obxectivos das caixas niño, como se constrúen, os seus beneficios para a fauna, para a biodiversidade… Os relatores serán Ramsés Pérez, de ADEGA, e Cosme Damián Romay, compañeiro do G.N.Hábitat. De seguido farase unha saída pola contorna, ás 16h15,  para comprobar o estado das caixas que xa foron instaladas no campus en anteriores xornadas organizadas polos compañeiros da Oficina de Medio Ambiente.

Prazas limitadas. Para inscribirte deberás facelo en: oma3@udc.es

Maís información no Blog da Oficina de Medio Ambiente da UDC

Achégate!