cartel_laridays-81a59

Os días 27, 28 e 29 deste mes de xaneiro, compañeiros do G.N. Hábitat participarán nos “Laridays 2017”, que nesta ocasión celebraranse en Tarifa (Cádiz). Este evento é unha xuntanza de ámbito peninsular, na que durante varias xornadas, expertos nacionais e estranxeiros compartirán coñecementos e experiencias centradas no mundo das gaivotas.

O noso compañeiro Cosme Damián Romay exporá o relatorio que leva o titulo: “Aproximación teórico-filosófica a las ‘lesser gulls’”. Ademais Daniel Monteagudo e Carla Soaje falarán sobre o “Proxecto de anelamento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) nas illas de San Pedro”, levado a cabo pola nosa entidade da man dos nosos grupos de anelamento entre os anos 2010 e 2014 cun total de 173 exemplares anelados. Durante o relatorio farán a presentación da  nosa ferramenta web para a xestión e consulta dos datos obtidos das anelas o longo deste tempo.

anelas.gnhabitat.org

 

Esta web, desenrolada polo noso compañeiro Juanda Presa e coa colaboración do resto de compañeiros do grupo, é pioneira no seu ámbito. Está dispoñible en 4 idiomas (galego, castelán, portugués e inglés) e permite, unha vez rexistrado como usuario, a subida directa de observacións e imaxes por parte dos propios autores dun xeito intuitivo, sinxelo e rápido, así como a posterior descarga automática do historial correspondente (formato .pdf). Así mesmo, e co gaio de facer este proxecto visible é accesible a todo o público interesado, a web permite tamén a consulta de calquera historial sen necesidade de rexistro previo.

Animámoste a visitala e a consultar a multitude de rexistros dispoñibles, ou a aportar as túas propias citas, facéndote colaborador do proxecto. Actualmente temos mais de 70 colaboradores que suministraron case 1000 citas o proxecto.

Anímate a colaborar!

Acceso o programa das xornadas: Laridays 2017