Es soci@ do G.N.Hábitat? Pois se a resposta é si, o vindeiro domingo 19 de febreiro tes unha cita connosco!
Da man dos compañeiros da Sociedade Galega de Historia Natural, e grazas á súa colaboración, gozaremos dunha visita guiada ao museo de Historia Natural desta entidade, que se atopa hoxe día nun antigo edificio militar da cidade de Ferrol (ver localización no mapa), e que acolle o traballo de varias xeracións de naturalistas. O museo conta con coleccións únicas, para cuxa consecución seguíronse os principios de dignidade e respecto á natureza que rexen os estatutos da SGHN, poñendo especial énfase no criterio para a formación da mostra expositiva: “Que ningún animal sexa capturado ilegalmente, nin sacrificado ou danado e ningunha especie esquilmada para a súa mostra, mantendo sempre unhas normas éticas no seu contacto coa natureza, encamiñadas a non alterar o medio”.
A visita guiada terá lugar ás 12h, cunha hora e media de duración aproximada. A xornada é de balde e de participación exclusiva para os soci@s do G.N.Hábitat. Para poder acudir, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario:
Acceso ao formulario de inscrición
As prazas son limitadas. En calquera caso, seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada e facilitarás a súa organización.
Soci@, agardámosche!
Dúbidas e comentarios no 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org
Esta iniciativa forma parte da aposta de Hábitat pola dinamización de actividades dirixidas aos socios da entidade, densenvolvendo e participando conxuntamente en accións que nos leven ao gozo da nosa contorna. Preténdese así promover un clima de compañeirismo e amizade en prol do estudo, a divulgación e a conservación do patrimonio natural, facendo desta Asociación o que é…unha gran familia!

Leave A Comment