Comprácenos anunciar un novo proxecto que bota a andar para mellorar o coñecemento e a conservación das rapinas nocturnas (mouchos, bufos, avelaionas, curuxas…) propias de Galicia: o Noucho.
Os obxectivos principais son:
- Espertar a curiosidade por este grupo de aves na poboación xeral.
- Mobilizar a naturalistas, observadores e amantes da natureza para afondar no estudo e conservación das rapinas nocturnas.
- Avaliar o estado poboacional pasado e actual destas aves para poder levar a cabo as medidas de conservación axeitadas.
Para coñecer máis en detalle este proxecto e colaborar no coñecemento das nosas rapinas nocturnas, visita https://gnhabitat.org/proxecto-noucho
Anímate a colaborar! É tan sinxelo como contarnos aquela vez que viches un moucho pousado no tellado da veciña, a curuxa planeando a carón da estrada, ou sentiches a avelaiona nunha noite de verán.

Leave A Comment