Andaina ambiental pola contorna de Elviña (20/09/2025)
Este sábado, 20 de setembro do 2025, de 9:30 a 11h, levaremos a cabo unha nova andaina ambiental pola contorna de Elviña, co obxectivo de coñecer a flora e fauna que acubilla. A actividade forma [...]
Volve o curso de micoloxía da Asociación Micolóxica Coruñesa e Hábitat!
Tras o éxito da primeira edición, este outono repetimos curso! A Asociación Micolóxica Coruñesa, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, ten o pracer de anunciar o Curso de Iniciación á Micoloxía 2025, que será impartido [...]
Do colector ao océano: unha viaxe inesperada (18/09/2025)
Este xoves visitaremos o Colexio Plurilingüe Franciscanos, na Coruña, para falar dun tema tan importante como preocupante: o lixo mariño. Tratando cuestións como os residuos domésticos, a separación en orixe, as fontes de lixo mariño [...]
Hábitat sen lixo no río Veiga (Guitiriz. 19/09/2025)
Este venres, 19 de setembro do 2025, a partir das 16:00h, xuntarémonos na contorna do río Veiga (Guitiriz) para realizar unha limpeza de lixo, no marco do Festival de Cine de Roca. Este evento coincide [...]
BioDiversidade coas persoas usuarias da Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia (28/09/2025)
O vindeiro domingo, 28 de setembro do 2025, levaremos a cabo unha nova actividade no marco do noso programa BioDiversidade. Unha iniciativa do G.N.Hábitat coa que procuramos unha #naturezainclusiva, prestando especial atención a usuarios, achegados [...]
Descubrindo a paleontoloxía (12/09/2025)
En vista do éxito da pasada convocatoria, e novamente no marco dos nosos Obradoiros Ambientais, organizamos un segundo encontro para achegarnos á Paleontoloxía. Ciencia que dende hai séculos nos axuda a comprender como era o [...]
8 de setembro: Día da Antela
Hoxe, luns 8 de setembro de 2025, instauramos o “Día da Antela”, coincidindo co 67º aniversario do inicio das obras de drenaxe da que foi a principal zona húmida interior de Galicia: a Lagoa de [...]
Falando de natureza: “As Histórias da Galiza Natural” (05/09/2025)
Celebramos a recentísima publicación dun libro divulgativo sobre a natureza galega: “As Histórias da Galiza Natural”, escrito por João Aveledo, por vía da editorial Através. Un libro “feito com mimo, armado devagar durante uma vida [...]
Novo proxecto promovido por Hábitat: “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP Golfo Ártabro Sur 2025”
Temos a satisfacción de anunciar que o Grupo Naturalista Hábitat resultou beneficiario dunha nova subvención para desenvolver o proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”. Marco e financiamento [...]
Encontros Naturalistas: Atlas de mamíferos e análise de egagrópilas
A Sociedad Ibérica para la Conservación y Estudio de los Mamíferos (SECEM) está a elaborar un novo atlas dos mamíferos de España, que será o herdeiro do publicado en 2007. Dentro dos traballos relacionados co [...]
Xornada sobre a toniña: Especie do ano 2025 na RBMCeTM (06/09/2025)
Un ano máis, temos o pracer de anunciar a celebración da que será a XII xornada no marco da iniciativa "Especie do ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". Nesta edición [...]
Fauna nocturna e estrelas: Coñece e debuxa as constelacións
Durante as vindeiras xornadas, organizaremos varias actividades especiais para descubrir a fauna que esperta cando cae o sol e gozar das estrelas do verán. Ademais, contaremos cun obradoiro único da man da ilustradora ALO, que [...]
Mar de Sorrizo (agosto / setembro do 2025)
O Concello de Arteixo, a través do proxecto “Mar de Sorrizo: dinamización do patrimonio cultural pesqueiro e marítimo de Arteixo”, aposta por transformar a súa costa nun espazo de aprendizaxe vivo. E no marco desta [...]
Descubrindo a paleontoloxía (22/08/2025)
No marco dos nosos obradoiros ambientais, propoñémosvos unha sesión para descubrir unha ciencia fascinante: a paleontoloxía, que desde hai séculos nos axuda a comprender como era o mundo millóns de anos atrás. Unha disciplina que [...]
Retirada de especies exóticas invasoras no río Lambre (20/08/2025)
Este mércores, dende o noso proxecto “Vixías dos nosos ríos” levaremos a cabo unha nova acción de voluntariado ambiental no río Lambre, ao seu paso polo concello de Miño. A actividade consistirá na erradicación de [...]














