O vindeiro luns, 27 de outubro do 2025, da man do alumnado e docentes do CEIP Víctor López Seoane, continuaremos coa nosa iniciativa “Hábitat sen EEI” avanzando nas tarefas de retirada de especies invasoras. Desta volta seguiremos traballando na recuperación da comunidade vexetal nativa do Espazo Natural de Interese Local Torre de Hércules, cunha xornada máis de eliminación da uña de gato (Carpobrotus spp.)

Grazas de novo pola vosa implicación, rapaces!