O vindeiro 2 de novembro do 2025, de 10:30 a 13:30h, os/as socios/as do Grupo Naturalista Hábitat realizaremos unha saída ornitolóxica á Lagoa de Cospeito (Lugo), un dos espazos húmidos máis destacados de Galicia polo seu valor ecolóxico e pola diversidade de aves que acolle ao longo do ano.
Durante a xornada, dedicaremos a mañá á observación e identificación das especies presentes, aprendendo a recoñecer as súas características, cantos e comportamentos. Esta actividade é unha oportunidade perfecta para coñecer máis de preto a avifauna das zonas húmidas e desfrutar da natureza en boa compañía.
Ao rematar a saída, quedaremos a xantar xuntos para seguir compartindo experiencias naturalistas.
A actividade é gratuíta e exclusiva para persoas asociadas ao Grupo Naturalista Hábitat. Hai un máximo de 20 prazas! Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Apúntate xa!

Leave A Comment