A paisaxe rural galega sempre estivo chea de sebes vivas: liñas de árbores e arbustos que delimitaban as fincas, protexían os cultivos e ofrecían refuxio á fauna. Eran o corazón do chamado bocage galego, unha forma de organizar o territorio que combinaba produción, beleza e equilibrio coa natureza.

Co paso dos anos, moitas desas sebes desapareceron. Por iso, a acción piloto Green InfrasTREEcture for the Landscape, promovida pola Xunta de Galicia dentro do proxecto GIFT – Green Infrastructure for Forest and Trees, quere volver poñelas en valor e recuperar esa rede natural que tanto lle deu á nosa terra.

Nas vindeiras semanas levaranse a cabo en Fisteus (Curtis) diferentes actividades, algunhas dirixidas á veciñanza e outras ao público xeral.

Permanecede atent@s!