Continuamos a nosa andaina para coñecer, descubrir, e mesmo chegar a avaliar o estado dos espazos verdes públicos, a través de actividades divulgativas coa cidadanía. Lugares cruciais para o benestar humano e ambiental, estes espazos ofrecen beneficios que van desde a mellora da saúde física e mental, ata a mitigación do cambio climático e a conservación da biodiversidade. A súa existencia nas contornas urbanas e periurbanas é esencial para unha vida saudable, inclusiva e sostible, proporcionando lugares de recreación, de interacción social e, por suposto, de conexión coa natureza, onde se procure potenciar os recursos ecosistémicos.
Este novo encontro, de balde e aberto ao público, terá lugar o sábado 15 de novembro do 2025, ás 10:30h, no Parque de Bens (A Coruña). Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment