O vindeiro martes, 28 de outubro do 2025, seguimos apostando forte pola nosa iniciativa “Hábitat sen EEI” para recuperar contornas ambientalmente ameazadas. Nesta ocasión, da man do alumnado e docentes do CEIP Torre de Hércules, voltaremos ao Espazo Natural de Interese Local Torre de Hércules para seguir traballando na mellora ambiental sumando unha xornada máis de retirada da especie exótica invasora coñeceida como herba do coitelo (Carpobrotus spp.)

Xuntos poderemos paliar os efectos desta ameza á nosa biodiversidade. Grazas por sumarvos, rapaces 💪