Unha viaxe pola convivencia entre humanidade e natureza

A natureza e o ser humano atopan puntos de encontro sorprendentes cando hai vontade de comprensión. O biólogo e director Thomas Julienne percorreu en bicicleta Arxentina e Chile para coñecer de preto a complexa relación entre os gandeiros da Patagonia e os pumas, grandes depredadores que comparten territorio e desafíos. A súa viaxe, a medio camiño entre o documental científico e o relato de aventuras, ofrécenos unha visión honesta e inspiradora sobre a coexistencia entre a actividade humana e a fauna salvaxe.

O filme convida a reflexionar sobre os límites da conservación e a necesidade de atopar solucións baseadas no respecto e o diálogo. A través de imaxes impactantes e testemuños reais, Coexistencia achega unha mensaxe optimista: a convivencia é posible cando se aposta polo coñecemento e pola empatía.

Desde a súa estrea, Coexistencia foi seleccionado en numerosos festivais internacionais de cine ambiental e científico, entre eles Pariscience, Ménigoute, Regard Animal, Xplore Alpes Festival, Festival de Bordeaux, Ciné-Montagne de Grenoble, Les Offs de la Nature e Envie d’Ailleurs. Estas seleccións consolidan a película de Thomas Julienne como unha das propostas máis destacadas de 2025 no ámbito do documental naturalista europeo.

Durante a sesión proxectarase o documental completo e, ao remate, abrirase un breve coloquio sobre experiencias de convivencia entre depredadores e gandeiría en diferentes contextos.

 

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o mércores 12 de novembro, ás 20:30 h, no local social do G.N. Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña: ver localización no mapa). O formato será exclusivamente presencial, non se habilitará difusión en liña. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha orde rigorosa de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza ata recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat no correo electrónico indicado.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014