Cartel actividades Odonatoloxía 2017

Na oitava sesión da V promoción de Escola de Naturalistas, achegarémonos ó mundo da odonatoloxía.

Este novo bloque de contidos virá impartido polo compañeiro e colaborador do Grupo Naturalista Hábitat, Damián Romay: biólogo, experto ornitologo e avezado naturalista en multitude de campos, entre eles os odonatos, sobre os cales ten publicado varios articulos cientificos tales como o que leva por titulo “Nomes galegos para as libélulas (orde Odonata) da Península Ibérica” (Romay et al, 2011. ligazón ao artigo), publicado no volume nº3 da nosa revista científica Chioglossa e do que é coautor. Así mesmo, participa activamente no foro galego de libeliñas, aportando os seus coñecementos e experiencia.

*Romay, C. D., Cordero-Rivera, A., Romeo, A., Cabana, M., Cabana, D. X. & Fernández-Martínez, M. Á. 2011. Nomes galegos para as libélulas (orde Odonata) da Península Ibérica. Chioglossa, 3: 21-36.