cartel_festival_gl

 

O vindeiro sábado 27 de maio o G.N.Hábitat colaborará no festival sustentable A Margarida Verde, iniciativa do Colectivo Loairas (www.loairas.com) encadrada no plan de acción “Cultura de Barrio”, destinado á difusión de valores socioculturais e dinamización cultural dos espazos públicos da cidade. O festival, que se desenvolverá do 13 de maio ao 4 de xuño, pretende avivar a contorna do parque de Santa Margarita (A Coruña) con multitude de propostas artísticas e culturais abertas á cidadanía, que farán desta contorna natural un espazo recreativo e formativo.

Toda a información sobre a actividade do G.N.Hábitat, así como o acceso ao formulario de incrición, poderédelo consultar na seguinte ligazón á web do festival: descrición da actividade.

Dende aquí os nosos parabéns ás compañeiras do Colectivo Loairas, pola súa iniciativa e esforzos.

Agardámosche!