O programa “Natureza kmØ” continuará avanzando na recuperación do ENIL Torre de Hércules, cunha nova xornada de voluntariado ambiental dirixida á retirada de especies exóticas invasoras. Unha tarefa que levamos desenvolvendo dende o pasado ano 2018 con máis de 100 actividades, e que teñen permitido controlar o 60% da superficie ocupada pola herba do coitelo (Carpobrotus spp.) neste espazo natural.
A vindeira xornada terá lugar o mércores, 21 de outubro do 2026, e nesta ocasión será o alumnado e docentes do CPR Aula Nosa os que virán a sumar esforzos a prol do patrimonio natural.
Grazas rapaces!

Leave A Comment