Xa está aquí a V promoción da Escola de Naturalistas!
Comezamos a máis completa das nosas iniciativas de formación ambiental: Escola de Naturalistas. Novos compañeiros cos que ao longo de varios meses aprenderemos sobre as diferentes áreas do naturalismo: ornitoloxía, mastozooloxía, botánica, herpetoloxía, entomoloxía e moitas outras serán as compañeiras nesta andaina.
Conceptos teóricos e aplicacións prácticas, pero tamén trucos, experiencias persoais e consellos serán postos en valor polos diferentes docentes, con tempo para o intercambio de coñecementos, tempo e afeccións. Todo para que Escola sexa moito máis ca un curso de formación, chegando a ser unha boa razón para que un grupo de amigos se reúna, aprenda e goce da natureza presente na súa contorna.
Esta primeira sesión estará dedicada á presentación da nova promoción, dándolle a benvida a todos os seus integrantes e aproveitando para expoñer os obxectivos e características do curso. Feitas as presentacións, levarase a cabo o primeiro bloque de contidos, “Introdución ao naturalismo“, da man da bióloga e naturalista Atocha Ramos, compañeira e vogal da Xunta Directiva do G. N. Hábitat.
Vémonos na Escola compañeiros!
Colabora

Leave A Comment