Diapositiva 1

Continuamos a nova andaina na V promoción de Escola de Naturalistas…É tempo agora da segunda sesión, centrada no eido da mastozooloxía, na cal afondaremos no coñecemento e estudo dos mamíferos, familiarizándonos coas diferentes ordes que os integran e as diversas técnicas de estudo.

Este novo bloque de contidos virá impartido por dous compañeiros e vogais da Xunta Directiva do G.N.Hábitat:

  • Andrés Pereira: biólogo e naturalista, centrou a súa tesina no estudo deste grupo faunístico analizando as poboacións de mamíferos semiacuáticos (lontra –Lutra lutra– e rata de auga –Arvicola sapidus-) no Parque Natural de Arribes del Duerograzas ao cal adquiriu o DEA e a súa Suficiencia Investigadora nos estudos de Doutorado. Hoxe día compaxina a súa paixón pola natureza co desenvolvemento das actividades e proxectos levados a cabo polo G.N.Hábitat.
  • Manu Cernadas: informático de profesión e naturalista de vocación, implicouse activamente no Grupo axundando na optimización dos procesos e técnicas desenvolvidas por Hábitat nos seus estudos. Ademáis doutras funcións, colabora na xestión e posta en marcha dos proxectos de fototrampeo, grazas ao cal adquiriu un gran coñecemento desta técnica e das súas aplicacións no eido da mastozooloxía.