flyerateneocaraaflyerateneocarab

 

 

 

 

 

Nestes días compañeiros de Hábitat, de xeito colaborativo e co apoio doutras xentes interesadas e expertas en diferentes eidos, estamos a desenvolver unha mesa de traballo coa técnica do Fototrampeo como marco de actuación. O obxectivo desta mesa é optimizar a xestión e o acceso á información cunha aplicación web que permita facer navegábel o arquivo de vídeos de fototrampeo categorizados, froito das xornadas de campo levadas a cabo polo G.N.Hábitat, e mesmo facer un prototipo libre da cámara de fototrampeo.

Este laboratorio aberto, proposto como un espazo de convivencia en rede e de xeración de prototipos/proxectos interdisciplinares e colaborativos, está a supoñer unha estupenda iniciativa para intercambiar experiencias e coñecementos co gallo de acadar un obxectivo común, ademáis dunha boa ocasión para coñecer novos compañeiros cos que poder desenvolver vindeiras actividades que vinculen ciencia, tecnoloxía e creatividade.

O ateneo estase a desenvolver na sala Maker da Domus, e rematará o vindeiro domingo día 20.

Máis información na seguinte ligazón