O vindeiro domingo 21 de outubro do 2018 realizarase no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, Campus da Zapateira), un roteiro de divulgación ambiental,  organizado pola Oficina de Medio Ambiente desta Universidade da man do G.N.Hábitat, empregando unha técnica, chamada Bioblitz, que consiste na procura do maior número de especies de flora e fauna, da man de naturalistas expertos. Deste xeito, a cidadanía poderá observar a biodiversidade que contén a zona, poñendo así en valor os compoñentes ambientais da contorna.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar de 10:30-13:30h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!