Comprácenos comunicarvos que xa temos aberto o prazo de inscrición para a VII promoción da nosa Escola de Naturalistas!

Escola de Naturalistas é unha actividade organizada polo G.N.Hábitat dende fai anos, única no ámbito da formación ambiental en Galicia, dirixida ao aprendizaxe e identificación dos elementos que compoñen a biodiversidade galega. Nela, ao longo dos diferentes bloques temáticos do curso impartidos por diversos expertos, afóndase de xeito teórico e práctico nas diferentes técnicas e áreas do naturalismo (botánica, ornitoloxía, mastozooloxía, entomoloxía, herpetoloxía, anelamento científico de aves, e moitas outras), consolidando así un programa que abrangue, en gran medida, os diferentes aspectos necesarios para un completo aprendizaxe no eido ambiental.

Os diferentes bloques formativos transcorrerán dende novembro do 2018 ata xuño de 2019. Para información máis detallada sobre esta actividade, consulta as bases dispoñibles na seguite ligazón:

Bases VII promoción Escola de Naturalistas

 

Se finalmente estás interesad@ en participar, remítenos a túa solicitude antes das 14:00 horas do luns 12 de novembro (data de peche de inscricións), enchendo e enviando debidamente o formulario de inscrición dispoñible na seguinte ligazón:

Acceso ao formulario de inscrición

 

Se che gusta a natureza e tes ganas de aprender un pouco máis sobre ela, esta é a túa oportunidade!

Coa colaboración de: