V promoción Escola de Naturalistas. Bloque 8: Introdución á odonatoloxía
Na oitava sesión da V promoción de Escola de Naturalistas, achegarémonos ó mundo da odonatoloxía. Este novo bloque de contidos virá impartido polo compañeiro e colaborador do Grupo Naturalista Hábitat, Damián Romay: biólogo, experto ornitologo e avezado naturalista en multitude de campos, entre eles os odonatos, sobre os cales ten publicado varios articulos cientificos tales como o que leva por titulo “Nomes galegos para as libélulas (orde Odonata) da Península Ibérica” (Romay et al, 2011. ligazón ao artigo), publicado no [...]
V promoción Escola de Naturalistas. Bloque 7: Introdución á herpetoloxía
Na septima sesión da V promoción de Escola de Naturalistas, achegarémonos ó mundo da herpetoloxía. Este novo bloque de contidos virá impartido polo compañeiro e Presidente do Grupo Naturalista Hábitat, Ricardo Ferreiro: biólogo, docente e naturalista experto neste grupo faunístico, ao cal dedicou a súa tese de licenciatura –Ecología reproductora del lución (Anguis fragilis Linnaeus, 1758: Sauria: Anguidae.) en el noroeste de la Península Ibérica-, sendo ademáis autor e coautor de multitude de notas e artigos científicos neste campo, algúns [...]
V promoción Escola de Naturalistas. Bloque 6: Introdución á botánica
Na sexta sesión da V promoción de Escola de Naturalistas, achegarémonos ó mundo da botánica. Este novo bloque de contidos virá impartido polos compañeiros do Grupo Naturalista Hábitat, Manuel Pimentel e Adán Gonçalves, ámbolos dous botánicos e cun amplo coñecemento do medio natural galego.
V promoción Escola de Naturalistas. Bloque 5: Anelamento científico
Na quinta sesión da V promoción de Escola de Naturalistas, achegarémonos ó anelamento científico. Este novo bloque de contidos virá impartido polos compañeiros do Grupo de anelamento Phylloscopus, Graciela Fernández, Manolo Carregal e Berto Monteagudo, aneladores cunha longa experiencia e grandes coñecedores da avifauna galega.
V promoción Escola de Naturalistas. Bloque 4: Fotografía da natureza
Na cuarta sesión da V promoción de Escola de Naturalistas, achegarémonos á fotografía da natureza. Este novo bloque de contidos virá impartido polo compañeiro Xacobo de Toro, quen compaxina a súa labor docente e asesor científico-técnico no gabinete de Maestros de educaBarrié (Fundación Barrié), coa paixón pola fotografía da natureza, eido no cal ten acadado varios premios a nivel nacional e internacional.
V promoción Escola de Naturalistas. Bloque 3: Introdución á Ornitoloxía
Continuamos ca V promoción de Escola de Naturalistas. Este terceiro bloque estará adicado a ornitoloxía, coa charla “Introdución a ornitoloxía” e a súa correspondende saída o campo. Da man dos compañeiros Santiago Vázquez (Presidente do G.N. Hábitat) e Óscar Vázquez (Secretario do G.N. Hábitat) introducirémonos no mundo das aves e as súas técnicas de estudo, aprenderemos a diferenciar e recoñecer as especies mais representativas que nos rodean, as mellores guías para iniciarse neste mundo e as diferencias e usos das [...]
Mesa de grandes naturalistas galegos
O vindeiro xoves 1 de decembro despediremos a IV promoción da Escola de Naturalistas do mellor xeito posible, coa xa tradicional mesa redonda á que convidamos a grandes naturalistas e compañeiros para que nos falen das súas experiencias de campo, os seus inicios e outras historias relacionadas co medio natural. Un espazo de conversa, anécdotas e lembranzas co naturalismo como fío condutor. A xornada terá lugar ás 20:30h no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña), e estarán connosco [...]
V promoción Escola de Naturalistas. Bloque 2: Introdución á Mastozooloxía
Continuamos a nova andaina na V promoción de Escola de Naturalistas...É tempo agora da segunda sesión, centrada no eido da mastozooloxía, na cal afondaremos no coñecemento e estudo dos mamíferos, familiarizándonos coas diferentes ordes que os integran e as diversas técnicas de estudo. Este novo bloque de contidos virá impartido por dous compañeiros e vogais da Xunta Directiva do G.N.Hábitat: Andrés Pereira: biólogo e naturalista, centrou a súa tesina no estudo deste grupo faunístico analizando as poboacións de mamíferos semiacuáticos (lontra –Lutra lutra– e [...]
V promoción Escola de Naturalistas. Bloque 1: Benvida e Introdución ao Naturalismo
Xa está aquí a V promoción da Escola de Naturalistas! Comezamos a máis completa das nosas iniciativas de formación ambiental: Escola de Naturalistas. Novos compañeiros cos que ao longo de varios meses aprenderemos sobre as diferentes áreas do naturalismo: ornitoloxía, mastozooloxía, botánica, herpetoloxía, entomoloxía e moitas outras serán as compañeiras nesta andaina. Conceptos teóricos e aplicacións prácticas, pero tamén trucos, experiencias persoais e consellos serán postos en valor polos diferentes docentes, con tempo para o intercambio de coñecementos, tempo e afeccións. Todo [...]
Sesión 10-2016: BioBlitz
Logo dunha longa andaina, a IV Escola de Naturalistas vai chegando ao seu peche... Moitos meses en boa compañía gozando da natureza e aprendendo sobre os diferentes eidos do naturalismo, da man de diversos e avezados expertos, agora xa compañeiros, aos que xunto cos alumnos desta promoción sempre lle estaremos agradecidos. É tempo agora dunha das actividades máis entretidas: o BioBlitz....pero seguro que moitos de vós preguntarédesvos, que é isto? Pois ben, un BioBlit é un estudo intensivo de campo que se desenvolve [...]









