Sesión 9-2016: mastozooloxía
A novena sesión da Escola de Naturalistas 2016 estará centrada no eido da mastozooloxía, na cal afondaremos no coñecemento e estudo dos mamíferos, familiarizándonos coas diferentes ordes que os integran e as diversas técnicas de estudo. Este novo bloque de contidos virá impartido polo compañeiro e vogal da Xunta Directiva Andrés Pereira: biólogo e naturalista, centrou a súa tesina no estudo deste grupo faunístico, analizando as poboacións de mamíferos semiacuáticos (lontra -Lutra lutra- e rata de auga -Arvicola sapidus-) no Parque Natural de Arribes [...]
Sesión 8-2016: herpetoloxía
A octava sesión da Escola de Naturalistas 2016 estará centrada no eido da herpetoloxía, na cal afondaremos no coñecemento dos anfibios e réptiles galegos. Este novo bloque de contidos virá impartido polo compañeiro e vogal da Xunta Directiva Ricardo Ferreiro: biólogo, docente e naturalista experto neste grupo faunístico, ao cal dedicou a súa tese de licenciatura -Ecología reproductora del lución (Anguis fragilis Linnaeus, 1758: Sauria: Anguidae.) en el noroeste de la Península Ibérica-, sendo ademáis autor e coautor de multitude de [...]
Sesión 7-2016: Odonatoloxía
A séptima sesión da Escola de Naturalistas 2016 estará centrada no eido da odonatoloxía, na cal afondaremos no coñecemento das donceliñas e libeliñas galegas. Este novo bloque de contidos virá impartido polo compañeiro Damián Romay, biólogo, naturalista avezado e socio activo de Hábitat, quen compaxina a súa paixón polas aves con estudos en moitas outras disciplinas, entre elas os odonatos, tendo publicado artigos científicos sobre este grupo como o que leva por título “Nomes galegos para as libélulas (orde Odonata) da [...]
Sesión 6-2016: fotografía da natureza
Na sexta sesión da Escola de Naturalistas 2016 achegarémonos á fotografía da natureza. Este novo bloque de contidos virá impartido polo compañeiro Xacobo de Toro, quen compaxina a súa labor docente e como asesor científico-técnico no gabinete de Maestros de educaBarrié (Fundación Barrié), coa a paixón pola fotografía da natureza, eido no cal ten acadado varios premios a nivel nacional e internacional. A charla teórica será o venres 1 de xullo ás 20:30 h no local do G.N.Hábitat. A parte práctica [...]
Sesión 5-2016: botánica
A quinta sesión da Escola de Naturalistas 2016 estará centrada no eido da botánica. A charla teórica virá impartida por Manuel Pimentel, profesor de Botánica na Universidade da Coruña, e será o venres 13 de maio ás 20:30 h no local do G.N.Hábitat. A parte práctica consistirá nunha xornada de campo o sábado 14 de maio de 10 a 13 h, visitando enclaves como a Costa da Égoa, para a observación de brións e hepáticas, e Celas, visitando os bosques de ribeira e fragas [...]
Sesión 4-2016: anelamento científico
A cuarta sesión da Escola de Naturalistas 2016 estará dedicada ao anelamento científico de aves. A charla teórica, impartida por Berto Monteagudo, anelador do Grupo de Anelamento Phylloscopus, será o venres 22 de abril ás 20:30 h no local do G.N.Hábitat. A parte práctica consistirá nunha xornada de anelamento no encoro de Cecebre (Crendes, Abegondo), a cargo novamente do Grupo de Anelamento Phylloscopus, o sábado 23 de abril de 8:30 a 11:30 h.
Sesión 3-2016: entomoloxía
A seguinte sesión teórica da Escola de Naturalistas, titulada "Introdución á entomoloxía", está prevista para o sábado 19 de marzo ás 11:00 am. A saída de campo correspondente será o mesmo sábado 19 de marzo pola tarde. Correrá a cargo de Jorge Ramos Abuín, Licenciado en Bioloxía Animal pola Universidade de Santiago, relator en diferentes Xornadas e Congresos Ibéricos de Entomología, ademáis do Congreso Internacional de Coleopteroloxía celebrado en Barcelona en 1989. Ten publicado un libro de texto de Bioloxía [...]
Sesión 2-2016: Introdución á ornitoloxía
En febreiro, ademáis da presentación da Escola de Naturalistas, terá lugar o bloque "Introdución á ornitoloxía", e está previsto para o venres 26. A saída de campo correspondente será o domingo 28 de febreiro. Esta sesión impartirana Santiago Vázquez, presidente do G. N. Hábitat, e Óscar Vázquez, secretario do Grupo, ambolos dous ornitólogos con anos de experiencia de campo.
Sesión 1-2016: comeza o curso!
O vindeiro mércores 24 de febreiro terá lugar a presentación do curso Escola de Naturalistas 2016. Ademais de expoñer os obxectivos do curso, explicarase como se vai desenvolver o mesmo e falarase do calendario previsto de actividades. Tamén haberá un pequeno relatorio titulado "Introdución ao naturalismo", a cargo de Atocha Ramos, vogal do G. N. Hábitat.








