Presentación de PowerPoint

O vindeiro xoves 1 de decembro despediremos a IV promoción da Escola de Naturalistas do mellor xeito posible, coa xa tradicional mesa redonda á que convidamos a grandes naturalistas e compañeiros para que nos falen das súas experiencias de campo, os seus inicios e outras historias relacionadas co medio natural. Un espazo de conversa, anécdotas e lembranzas co naturalismo como fío condutor.

A xornada terá lugar ás 20:30h no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña), e estarán connosco José Luís Rabuñal, Xabi Varela, Alberto Monteagudo, Javier Pérez Valcárcel, Manuel Freire e Santiago Vázquez (Presidente), aos que lles adiantamos o noso máis sincero agradecemento.

Logo da relevancia desta xornada, ademáis dos membros da Escola de Naturalistas poderán asistir á xornada de xeito exclusivo os socios de Hábitat que se queiran achegar. A participación é de balde mais as prazas son limitadas, polo que para poder asistir é imprescindible a inscrición previa (reserva de praza) a través do seguinte formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

Cada socio deberá enviar unha única solicitude de inscrición, enchendo unha soa vez o formulario. Os socios menores de idade deberán vir acompañados dun representante legal, facendo a inscrición de cada asistente. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación (capacidade do local). O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico.

Data límite para a reserva de praza ata as 14 horas do 1 de decembro de 2016.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. No caso de non poder acudir, infórmanos da túa situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Soci@s, animádevos e compartide connosco este encontro!

Dúbidas e comentarios no 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org