Na quinta sesión da V promoción de Escola de Naturalistas, achegarémonos ó anelamento científico.

Este novo bloque de contidos virá impartido polos compañeiros do Grupo de anelamento Phylloscopus, Graciela Fernández, Manolo Carregal e Berto Monteagudo, aneladores cunha longa experiencia e grandes coñecedores da avifauna galega.