O Monte Xalo é un punto de referencia para os habitantes dos concellos que o rodean. A Coruña é un deles, por iso compañeiros do Grupo Naturalista Hábitat acompañarán aos alumnos do Colexio Compañía de María para amosarlles os valores ambientais da zona, as lendas que o acompañan e a súa importancia, como un dos puntos máis altos da contorna e cunhas características paisaxísticas e microclimatolóxicas únicas.

Porque non se pode conservar o que non se coñece, achegamos aos máis novos a gran biodiversidade que está presente o noso carón para que crezan coñecendo e querendo o noso Patrimonio Natural.