A vindeira fin de semana celébrase novamente o coñecido Día das Aves, evento organizado por BirdLife International e que SEO/BirdLife celebra en España dende 1987.

Conscientes da necesidade de poñer en valor a nosa avifauna, dende o G.N.Hábitat vimos de sumarnos a esta celebración dende fai anos (ademais de celebrar moitas outras accións a prol das aves: maratóns ornitolóxicos, seguimento da Píllara das dunas no areal de Baldaio, entre outras)…e por suposto o 2018 non ía ser unha excepción. Así, e coa meteoroloxía da nosa parte, convidámosvos a compartir connosco unha mañá gozando das aves! Aprenderemos a identificalas e a recoñecer as súas características, ao tempo que falaremos da necesidade da súa protección e conservación. E todo esto nun espazo que nos permitirá achegarnos sen molestalas: a ría do Burgo. Poñeremos a disposición os nosos instrumentos ópticos e guías, e afondaremos nos apaixonante mundo da ornitoloxía.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro domingo 7 de outubro de 10:30 a 13h. Para facilitar a organización, prégase inscrición previa a través do seguinte formulario:

 

Acceso ao formulario de inscrición

 

Atoparémonos con todos os paxareiros no propio paseo da ría do Burgo (Culleredo), na contorna do Xardín Botánico que leva o seu nome (ver punto de encontro en google maps).

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Achégate a gozar das aves!