Continuamos da man de Afundación-Obra Social ABANCA, e as diferentes entidades colaboradoras, coas actividades contempladas baixo o programa “Traballando pola mellora do patrimonio natural”: ciclo de xornadas dirixidas á posta en valor, implicación e conservación do medio natural.

Nesta terceira acción contaremos de novo coa colaboración do Concello de Ourense, achegándonos ao espazo natural do Parque Botánico de Montealegre para traballar nunha xornada a prol da concienciación e implicación activa no eido da problemática das especies exóticas invasoras.