Os vindeiros 3 e 4 de marzo de 2017 terá lugar a V edición das Xornadas Ornitolóxicas do CEIDA e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), nas que colaboran SEO/Birdlife e o Grupo Naturalista Hábitat, desta volta co lema “A conservación das aves galegas e os seus hábitats”.
Están dirixidas ao público xeral, co obxectivo de dar a coñecer o estado de conservación das aves galegas e o seus hábitats, e concienciar á sociedade sobre a necesidade de conservar as aves a través de fórmulas de colaboración cidadá.
O venres 3 de marzo á tarde impartiranse unha serie de charlas teóricas no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), e o sábado 4 de mañá haberá unha saída ornitolóxica pola Costa de Dexo e visita á Aula do Mar, Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa Dexo-Serantes.
Para máis información e inscricións, visita a web do CEIDA.
Leave A Comment