Mañá, 27 de outubro do 2018, continuaremos da man de Afundación-Obra Social ABANCA, e as diferentes entidades colaboradoras, coas actividades contempladas baixo o programa “Traballando pola mellora do patrimonio natural”: ciclo de xornadas dirixidas á posta en valor, implicación e conservación do medio natural.

Na cuarta acción contaremos de novo coa colaboración do Concello de Miño, traballando na mellora ambiental nunha parcela na que xa se realizaron traballos a principios do presente ano. Con esta acción pretendese crear espazos beneficiosos para a fauna e concienciar sobre a problemática das especies exóticas invasoras nun espazo natural.

2018-11-05T12:20:53+00:0026 Outubro 2018|0 Comments

Leave A Comment